Mario Iglesias

Entre as súas obras destacan as multipremiadas curtametraxes "Corten", "Intensidade" e "Nais". Gañador no 2004 do certame Notodopublifest, de Notodo.com. Obtivo o premio Mestre Mateo 2006 por mellor montaxe por "De bares".
Iria López
Natural de Fene, traballou como técnico de posprodución en varias obras de Jorge Algora como "Camiño de Santiago, a Orixe" e "Mentíndolle á vida". No 2006 e 2007 dirixiu varios documentais: "Dando a nota", "De cores" e "Bandeiras interiores".Álvaro Liste

Produtor independente dende o 2006. Realizou varios vídeos para a web "ensaio.org". Na actualidade é socio fundador e produtor da empresa GSEISAUDIOVISUAIS e produce documentais para a TVG.
Omar Rabuñal

Dirixiu e actuou en varias curtametraxes e mediametraxes, obtendo no 2005 o 2º premio do "Sestao Fantástico" con "O Intruso" e un ano despois con "Mira e verás!"gañou o primeiro concurso de curtametraxes feitas con mobil, "Mobilízate", dentro do certame Nova Factory.
Miguel García

No 2008 realizou a produción executiva da curta "Houston" en colaboración do Festival de Cans. Nese mesmo ano realizou a obra experimental "Ferro ardendo" sendo productor, guionista e co-director da mesma.
Laura Menéndez
Licenciada en Comunicación Audiovisual, realizou diversos proxectos, entre eles "Hola Salamanca", documental de promoción turística e didáctica encargado pola Universidade de Estudos Extranxeiros de Kyoto.

No hay comentarios:
Publicar un comentario