viernes, 14 de mayo de 2010

Looking for waves

O surfer é unha nova especie de nómada deportista, que viaxa por todo o mundo practicando un deporte que consiste en agardar o momento exacto para "coller" a mellor onda e deslizarse sobre ela o maior tempo posible.



Non tódalas praias resultan axeitadas para esta práctica, pero Pantín, durante uns días, converte a Galicia en centro das olladas de todo o mundo por un deporte que cada vez gaña máis adeptos.
Afeccionados e profesionais homenaxean a esta praia competindo e surfeando en comunión coa natureza.

Foi ó remate do verán cando se gravou esta curta documental, época na que ten lugar o Pantín Classic, unha proba valedeira para o campionato mundial, celebrada desde hai máis de 20 anos.

1 comentario:

  1. Onde pode localizarse esta curta documental? Gustaríame vela, se é que xa esta editada.
    graciñas

    ResponderEliminar